Néstor Rego quere coñecer o estado da licitación do estudo sobre a variante ferroviaria entre Lugo e Santiago para impulsar a conexión que o BNG incluíu no Acordo de Investidura.
Reclama máis actuacións co obxectivo de mellorar e modernizar os servizos ferroviarios en Lugo.
A frente nacionalista exixe a Transportes rectificar a decisión de suprimir o Intercity das 8.45h e repor os servizos e frecuencias existentes antes da pandemia.
«Hai unhas semanas ADIF facía caso ao BNG e rectificaba sobre a conexión de última hora. Fixo caso e acertou. Volvemos a pedir que nos faga caso porque é cando acerta» afirma Rego.