Nun comunicado recente a Comisión de Festas de Malpica de Bergantiños “ Mallas de area” explican que as discrepancias e a imposibilidade de diálogo co responsable municipal de festexos, Alfredo Cañizo, é o único motivo do posible abandono dos membros da Comisión para as vindeiras festas, tendo en conta que, nalgunha celebración deste mesmo ano, tivo unha contra-programación idéntica ó problema dos Oleiros de Buño, que non é comprensible para ningún veciño, que sexa a veciñanza mediante asociación ou mediante Comisión a organizadora deste tipo de festas e celebracións, e non os líderes municipais exercendo ese papel, que, por ética, non lle correspondería tales funcións. Este ultimato, similar ó de Buño, indica que sobra un concelleiro para poder seguir coas festas.
Similitudes coa guerra aberta na Olería de Buño, parroquia do mesmo municipio bergantiñán.
Resumindo o cisma entre “Concello de Malpica” e o gremio de oleiros de Buño, xa na edición da Mostra da Olería 2023, dende o consistorio malpicán remite a “asociación de artesáns da olería de Buño” unha proposta inédita para a constitución oficial dun novo comité organizador da mostra presidido polo alcalde, Eduardo Parga, o concelleiro de Festas, Alfredo Cañizo, e varios representantes que elixan os oleiros.
O concelleiro de festas do concello de Malpica, ten un amplo percorrido político
Ante este comunicado recente o colectivo de oleiros remite resposta nun escrito que fixeron público.
Nun comunicado, os alfareiros aclaran o Concello de Malpica que se ven “na obriga de rexeitar” esa oferta sobre a creación dun comité organizador por estar en contra da composición plantexada polo Concello.
“Consideramos que a proposta en cuestión vulnera os dereitos e necesidades da Mostra da Olería e das oleiras e oleiros de Buño. O feito de que, o señor Alfredo Cañizo Garrido, sexa o responsable do maior desastre socioeconómico de todas as edicións da Mostra da oleira, fai que sexa totalmente inadmisible e irrespectuoso que forme parte de calquera organización ou evento que faga referencia a olería de Buño”, manifestaron.