Besteiro. «Rueda ten que comparecer no Parlamento para explicar o despilfarro de 470 millóns na licitación do Hospital Álvaro Cunqueiro 

por 21 Noticias

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, informou hoxe de que o Grupo Parlamentario Socialista vén de rexistrar unha batería de iniciativas en relación co sobrecuste e outras irregularidades na licitación do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, que o Consello de Contas cifra en 470 millóns de euros, segundo o informe que fixo público esta semana.

Ese documento confirma “o que os socialistas galegos vimos denunciando dende hai anos”, sinalou Besteiro sobre o feito de que a xestión do contrato do Cunqueiro “foi un desastre financieiro e administrativo” que causou “graves prexuízos” á cidadanía galega. Cualificou de “inaceptable” o sobrecusto, debido “a malas decisións” ás que se uniu unha total “falta de transparencia” no proceso de licitación “como poucas veces se tiña visto”.

“Estamos a falar de case 500 millóns de euros tirados ao lixo”

Besteiro remarcou que se trata de cartos “de todos os galegos” que foron malgastados de xeito “irresponsable”, porque o hospital vigués ten menos camas do que estaba previsto para que, “ata onde sabemos hoxe”, se estea enriquecendo un fondo voitre francés.

O portavoz socialista no Parlamento de Galicia explicou que, ademais das iniciativas rexistradas na cámara, hoxe mesmo enviaralle unha carta a Alfonso Rueda na que lle demanda a súa comparecencia urxente no pleno da Cámara, así como a do conselleiro de Sanidade na comisión de Calidade Democrática e Transparencia.

Besteiro insistiu en que Feijoo era presidente cando se licitaron as obras, e Rueda, como vicepresidente nese momento,

«Non poden seguir agochándose” comentou Besteiro, e deben dar explicacións sobre o despilfarro de 470 millóns, sobre a ampliación irregular do contrato e sobre a falta de transparencia durante todo o proceso de licitación. A gravidade do tema, subliñou, require de “explicacións claras” acerca de por que se tomaron esas decisións e quen son os responsables. “Os galegos e as galegas merecen respostas, e merécenas agora, pero seguirmos esperando”, criticou.

Non se pode xustificar o inxustificable

Nese senso, dixo que “non se pode xustificar o inxustificable”, en referencia ás declaracións que onte fixo o conselleiro de Sanidade. José Ramón Gómez Besteiro quixo deixar claro que durante a pandemia houbo un presidente do Goberno “que tomou as decisións que había que tomar” e a iso sumáronse “uns profesionais sanitarios que se deixaron a pel” para salvar á poboación. Por iso, “dicir que as obras combateron a covid é repetir o mantra de Ayuso co Zendal” e deixar claro que “para o Partido Popular, a sanidade é un negocio, neste caso, inmobiliario”.

O secretario xeral defendeu que a cidadanía “non pode seguir pagando as consecuencias da incompetencia e da opacidade” dos responsables do despilfarro, polo que esixiu que se tomen todas as medidas necesarias “para evitar que algo así volva suceder”.

O secretario xeral dos socialistas galegos fixo estas declaracións previamente á súa participación na Feira do Bonito de Burela, que este ano celebra a súa XXXVIII edición e que é unha cita imprescindible do verán para veciños e visitantes.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario