O espectáculo ‘Rock en Familia’ volve a María Pita cos grandes éxitos do rock nacional e internacinal

por Redacción A Coruña

A actuación, para todos os públicos, comezará ás 20.00 horas

Este domingo 4 de agosto a praza de María Pita acollerá, un ano máis, o espectáculo para todos os públicos ‘Rock en familia’. A actuación comezará ás 20.00 horas e forma parte do ciclo Noites de María Pita, dentro da programación das Festas de María Pita 2024. O Goberno de Inés Rey buscou deseñar unha programación para todas as idades e públicos, tal e como se pode comprobar coas actuacións na praza.

‘Rock en Familia’ é un espectáculo pensado para todas as idades , no que grandes e pequenos poderán gozar por igual da experiencia da música en directo, ao tempo de descobren a historia e as cancións dalgúns dos e das artistas máis importantes da historia do rock e do pop.

Nesta ocasión, presentarán ante o público coruñés o espectáculo ‘Summer Rock Story’. A través do contacontos O Oso Rosendo e diferentes bandas tributo, repasarase a traxectoria de formacións como Ramones, AC DC, Nirvana, The Beatles, Guns ‘n Roses ou Queen. Tamén haberá grandes éxitos de grupos españois como Loquillo, Barricada ou Fito y Fitipaldis.

Noites de María Pita

  • 5 de agosto: Omar Montes – 22.00 horas
  • 6 de agosto: Locos por la Música – 20.30 horas
  • 12 de agosto: La Plazuela – 22.00 horas
  • 13 de agosto: Ariel Rot – 22.00 horas
  • 14 de agosto: Budiño – 22.00 horas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario