Os Bombeiros do Parque Comarcal de Cee – Costa da Morte, en modo ironía, cos vehículos obsoletos e a precariedade

Os bombeiros do parque Comarcar de Cee-Costa da Morte, ante a situación na que se atopa o material que deben empregar para exercer o seu traballo, recorreron ás redes sociais, para, en modo ironía, avisar aos veciños que se non acoden a unha emerxencia, é porque o vehículo, déixaos na metade da estrada.

«Ir a unha emerxencia no Monte Pindo, ¡¡tendo en conta que por fin nos reclaman como medios de intervención!!, resulta moi triste ir con un vehículo Pick Up recién saído do taller (unha vez máis de tantas), nos deixe tirados na primeira pista de acceso, non podendo chegar o punto máis elevado en todoterreo para desde alí desprazarnos ata o punto onde se atopaba o sendeirista que finalmente tivo que ser evacuado polo helicóptero do Pesca I».

«O noso BUL (vehículo coa máxima equipación) ten a dirección tirando para onde lle cadre. Seica temos que facer máis pesas para contrarrestar a inercia do fallo»Esta imaxe foi a do rescate no rio Tambre dos bombeiros de Santa Comba que, sen traxes de neopreno, tiveron que facer ese famoso «rescate en calzoncillos»

Fai un mes poidemos ver os compañeiros do Parque de Santa Comba a un rescate no río Tambre en Negreira en calzoncillos. Solo nos queda esperar a que Discovery Max faga un programa de EMERXENCIA EN PELOTAS. Creemos que os Bombeiros Comarcais, podemos chegar ao final da proba.

E non, non se equivoquen, non tiren politicamente para ningún lado. Os tres partidos teñen responsabilidade.
3.. 1-2 e 3.

¡¡Sorte veciños!! .

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios