De idades comprendidas entre os 6 e os 15 anos.
Nesta semana estase a levar a cabo no pavillón Municipal da Laracha a 13ª edición do campus de baloncesto que organiza o Concello dentro da programación cultural e deportiva de verán. A actividade realízase en cinco xornadas, desde onte luns e ata o venres, en horario de 10:30 a 13:30 horas.
Participan no campus de baloncesto preto de medio centenar de rapaces de idades comprendidas entre os seis e os quince anos. Hoxe recibiron a visita do alcalde, JoséManuel López Varela, e da concelleira de Deportes, Patricia Bello.
O obxectivo deste campus é fomentar a práctica do baloncesto e tamén iniciar nesta modalidade deportiva aos mozos que non tiveron contacto con ela, xa que non foi necesario ter coñecementos previos para poder inscribirse.