O BNG denuncia as mentiras que o PP lles contou á veciñanza de Doiras (Cervantes) ao non reabrir o consultorio no mes de agosto

por Redacción Lugo

Olalla Rodil «esiximos á Xunta de Galiza que reabra o consultorio de Doiras neste mes de agosto coa enfermeira que ten neste consultorio o seu posto de traballo»

 O Bloque Nacionalista Galego acompañou á veciñanza de Doiras na concentración que se convocou o luns 5 de agosto diante do consultorio de Doiras para denunciar as mentiras do PP e que non reabra o consultoiro no mes de agosto.

Nesta concentración participaran xunto coa veciñanza de Doiras o responsabel local de Cervantes, Bernardo Vàldes, e a deputada no Parlamento Galego polo BNG, Olalla Rodil.

A veciñanza de Doiras deixou de manifesto o seu descontento polas mentiras que o PP contou cando dixo que se ía reabrir o consultorio no mes de agosto coa enfermeira. O Bng comparte a preocupación da veciñanza pola situación na que esta este consultorio tras quedar vacante a praza de médico e agora ver que non repoñen a de enfermeira «dende o BNG compartimos esa preocupación, e xunto coa veciñanza esiximoslle á Xunta de Galiza que reabra o consultorio de Doiras» pediu a deputada nacioanlista. «O PP enganou á veciñanza pois a realidade é que queren pechar este consultorio de forma definitiva» expuxo Olalla Rodil.

As veciñas e os veciños de Doiras deixaron claro que van seguir a pelexar para que se manteña este servizo en Doiras porque a sanidade é algo urxente e importante para manter poboación nesta zona da montaña lucense.

Dende o BNG demandamos un compromiso coa veciñanza de reapertura deste consultorio xa, tal é como mantivo o PP a principios de xullo pois defendemos a sanidade pública de todo o país especialmente o da zona da montaña lucense pois supón unha merma na calidade asistencial dos concellos da montaña nunha zona xeográficamente moi extensa e na que as distancias se multiplican por razóns orográficas, «seguiremos apoiando á veciñanza e levando esta cuestión ao Parlamento Galego porque é un dereito fundamental poder a asistencia sanitaria preto do teu domicilio, porque é de xustiza social e é un dereito fundamental que non nos poden roubar» concluíu Olalla Rodil

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario