O PP esixe ao Goberno de Sánchez información e axudas ante o traslado de 120 migrantes ao Concello de Monterroso 

por Redacción Lugo

Os deputados lucenses esixen explicacións no Congreso sobre a xestión do Executivo toda vez que «o Estado non ofreceu ningún tipo de información oficial».

Os deputados preguntan dende que data tiñan coñecemento a Delegación e a Subdelegación do Goberno e se facilitou ou ten previsto facilitar axudas ao Concello para facer fronte ao custo da chegada e prolongada estancia dun amplo número de persoas á localidade

·         Os populares esixen coñecer o criterio para seleccionar esta localidade e cales segue o Goberno para o reparto de migrantes nos distintos concellos de España, ademais de preguntar se está previsto o traslado de máis migrantes nun futuro inmediato para a provincia de Lugo

·         Tamén solicitan información sobre o número de traslados a Galicia nos últimos 10 anos e a Cataluña no último ano «para saber se Cataluña dispón dun trato diferente tralo acordo de investidura»

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario