A voceira municipal pon en valor o talento audiovisual lucense e apoia a un sector que cada vez ten máis presencia no ámbito nacional.
A voceira popular acompaña aos promotores desta firma lucense na grabación dun programa da RTVG dirixido a pais con pouca experiencia no coidado dos seus fillos.
· Un novo programa da televisión de Galicia é o primeiro que se roda nun plató lucense da man dunha empresa da nosa cidade.
· MBC Audiovisuais ábrese camiño no sector audiovisual e graba dende o polígono do Ceao un programa para unha entidade pública. Un éxito do sector audiovisual lucense que pon en valor o bo facer das empresas da nosa cidade.
· Unha empresa cun extenso percorrido que amosa o seu bo facer no sector xa que foi quen de desenvolver proxectos audiovisuais de toda índole e con distintas entidades públicas e privadas como RTVE, Canal Sur ou La Sexta.