Bodegas Martín Códax continúa o seu compromiso coa calidade e a excelencia, esperando que esta vendima sexa un reflexo do coidado e a dedicación postos en cada unha das súas colleitas
Hoxe, Bodegas Martín Códax inicia oficialmente á vendima 2024, un proceso que se prevé prometedor en canto á calidade e o equilibrio da uva, grazas a un verán con temperaturas óptimas e condicións secas que favoreceron un desenvolvemento equilibrado dos viñedos.
Este ano, as condicións climáticas xogaron un papel fundamental. Aínda que as previsións iniciais apuntaban a un comezo nos primeiros días de setembro, un cambio nas predicións meteorolóxicas modificou o calendario. As temperaturas máis frescas do esperado permitirán unha maduración máis lenta e pausada, sen os excesos de calor que poderían comprometer a calidade da colleita. Isto asegurará unha recollida de uvas no seu punto óptimo de maduración.
A adega continúa apostando pola innovación na viticultura co uso de tecnoloxías avanzadas de teledetección. Desde hai anos, utiliza este sistema para analizar e clasificar os viñedos a través de imaxes captadas por drones, o que permite programar a vendima das distintas parcelas de maneira precisa. A teledetección non só axuda a determinar o momento exacto no que a uva alcanza a súa madurez óptima, senón que tamén facilita a clasificación da produción en función do tipo de uva que se cultiva en cada parcela. Isto é fundamental para a viticultura de precisión, permitindo que Bodegas Martín Códax elabore diferentes tipos de viño segundo as características específicas de cada viñedo.
En canto á produción, estímase que será lixeiramente inferior á do ano pasado debido a unha primavera chuviosa, na que se rexistraron precipitacións máis do dobre do normal. Estas condicións deron lugar a acios máis pequenos e menos numerosos, pero cun excelente potencial de calidade. A pesar da redución en cantidade, espérase unha colleita de gran calidade, cun equilibrio ideal entre azucre e acidez.
Miguel Tubío, director técnico de Adegas Martín Códax, comenta: «Estamos moi satisfeitos coas perspectivas para esta vendima. O equilibrio alcanzado nos viñedos, xunto coas condicións climáticas, permítenos anticipar que será unha colleita excepcional en canto a calidade».
Durante estes días, Bodegas Martín Códax comezou cunha colleita selectiva das primeiras partidas de uva, destinadas á elaboración de viños espumosos. O groso da vendima comezará a próxima semana, as previsións meteorolóxicas favorables permitirán que sexa unha vendima tranquila e altamente selectiva, estendéndose ata a terceira semana de setembro.