O III Campionato de Tapas e Pinchos de Galicia adicará a súa edición especial á Vía da Prata e celebrarase os días 14 e 15 de outubro no Pazo de Vilamarín

por Redacción Ourense

Será o primeiro certame de cociña que terá como eixo a Vía da Prata, tal e como salientou o deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, durante a presentación do evento.

O III Campionato de Tapas e Pinchos de Galicia estará adicado en edición especial á Vía da Prata, iniciativa de carácter promocional da gastronomía ourensá cun excepcional itinerario natural, gran riqueza patrimonial e gastronómica. Os días 14 e 15 de outubro a localidade de Vilamarín converterase no epicentro da gastronomía en miniatura do noroeste peninsular.

O evento está dirixido a un máximo de 50 profesionais da cocíñarepresentantes das catro provincias galegas, que xa poden confirmar a súa participación a través da web academiadelatapa.com. O venres 20 de setembro expirará o prazo de inscrición fronte ao reto de converterseno rei da gastronomía en miniatura de Galicia.

“Como neste evento a promoción gastronómica e o turismo van da mannun certame itinerante pola provincia de Ourense, a Deputación a través do Inorde non podía faltar”, explicou o deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernández.

“Nesta edición especial do concurso, dedicada á Vía da Prata, haberáaccións promocionais deste roteiro xacobeo que vertebra toda a nosaprovincia. E recordo que precisamente está aberto o prazo de inscriciónpara quen desexe facer o Camiño por esta Vía da Prata durante os domingos, a partir do próximo 15 de setembro e ata o 13 de outubro. Unha acción que desenvolve a Deputación a través do Inorde e que xa é a terceira que facemos este ano. Quen desexe facer este Camiño por etapas durante 5 domingos poden inscribirse en conocegalicia.es”, explicou Rosendo Fernández.

Por último, o presidente do Inorde agradeceu á Academia da Tapa “o seucompromiso gastronómico e turístico con esta provincia, cun certame que seguro que volverá ser todo un éxito como xa o foron os dous anteriores”.

Gastronomía en miniatura

Esta competición de gastronomía en miniatura que terá lugar no Pazo de Villamarín é organizada pola Academia da Tapa e do Pintxo de España, co apoio da Deputación de Ourense, a Xunta e Turismo de Galicia, así como patrocinadores privados. Colaboran tamén as asociacións de cociñeiros: Amigos Da Cociña Galega, Cociña Ourense, Cociñeiros Lugo e Coruña Cociña, xunto a CienPorCel, produtos de porco celta e BetulaCars, como vehículo oficial do Campionato.

“Desde a Academia da Tapa estamos moi satisfeitos en dar continuidadeá promoción gastronómica da provincia de Ourense e de Galicia, con esta terceira edición do Campionato nun enclave do Camiño de Santiago. Nun certame que incentiva aos cociñeiros para investigar, innovar, seguir achegando valor e excelencia á gastronomía galega, con tapas e petiscos excepcionais en técnica, bo uso dos produtos da terra e viables en barra, valores que deben ter as elaboracións de campeonato, expresou Mikel Martínez, presidente da Academia da Tapa.

“O 14 de outubro terá lugar a primeira xornada de formación en gastronomía en miniatura para os hostaleiros de Vía da Prata, quenesaprenderán novas técnicas, elaboracións e receitas, da man dos actuaiscampións de tapas e petiscos de Galicia, os seis gañadores do campionato do 2023, co obxectivo de mellorar a oferta gastronómica deste itinerario xacobeo”, explicou Martínez. 

Quen opte tal título de campión deberán elaborar unha tapa ou un petiscocreativo, saboroso, que se poida comer en máximo tres bocados e cuxoprezo de custe sexa máximo 1.80 euros. A competición, que repartirá máis de tres mil euros en produtos das empresas patrocinadoras ecolaboradoras, desenvolverase en directo, en formato showcooking ante un xurado de profesionais da gastronomía.

Gerson Iglesias, presidente de Cociña Ourense convidou os seuscompañeiros a participar nesta cita gastronómica, e asegurou que “o campionato é unha experiencia que nos permite saír da nosa rutina para aprender, a través do intercambio de ideas con outros compañeiros que veñen doutras cidades de Galicia, rétanos a innovar e a ser máiscompetitivos na nosa oferta de tapas e petiscos”.

Vía da Prata – Camiño Mozárabe é un camiño rico en gastronomía de calidade, con alimentos como a castaña, a pataca, ou o pan de Cea, que discorre a través da denominación de orixe vitivinícola máis nova de Galicia, a D.O. Monterrei, e a máis antiga, D.O. Ribeiro. 

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario