O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou esta mañá na presentación dos próximos actos organizados pola Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel) no marco da celebración dos seus 25 anos de historia.
Arias afirmou que o Goberno galego seguirá fomentando esta raza autóctona en colaboración co colectivo. Entre as medidas en marcha, destacou o convenio por importe de 513.000 euros para facilitar que Asoporcel continúe a traballar na promoción e defensa da raza; ou a axuda de 22.000 euros concedida este ano no marco do programa de apoio a entidades que traballan a prol das especies autóctonas.
O acto programado pola asociación de criadores para celebrar os 25 anos será o 27 de setembro no Atrio da Catedral lucenses. Participarán 12 destacados cociñeiros de Lugo e doutros lugares de Galicia e de España. Haberá unha degustación de produtos de porco celta e unha cata de viños coa colaboración da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal). A xornada tamén contará con ambientación musical e outras actividades.