O PSOE de Arteixo insta ao goberno local a municipalizar o Servizo de Axuda a Domicilio

por 21 Noticias

 O grupo municipal socialista de Arteixo presentará unha moción no pleno de setembro para instar ao goberno local a municipalizar o Servizo de Axuda a Domicilio para rematar coa deficiente atención aos usuarios e a precarización laboral do personal.

Os socialistas denuncian que o SAD leva anos con problemas derivados dos continuos cambios das empresas que prestan o servizo, que provoca problemas laborais para as súas traballadoras e deficiencias no servizo que ofrecen aos usuarios/as.

O portavoz do grupo municipal socialista, Martín Seco, resume que nestes últimos anos “as traballadoras están a realizar o seu labor en condicións precarias, cun convenio autonómico obsoleto, falla de formación, inestabilidade contractual, baixos salarios, incumprimentos reiterados dos seus dereitos”, e engade que  “o prezo establecido polos servizos segue a ser baixo, as empresas acoden aos concursos con ofertas que logo non son suficientes para a súa xestión e que derivado dunha situación de precaridade que elas mesmas imponen, non atopan a traballadoras no mercado”.

Ademáis os socialistas insisten en que os usuarios e usuarias sofren esta situación, con períodos de espera moi longos para obter o SAD básico , pero “aínda más grave é no caso da dependencia, que acumula retrasos de ata dous anos e provoca que  moitos/as solicitantes xa non teñan a posibilidade de acceder ao servizo”

Para Seco existe “falla de continuidade nas persoas que atenden aos demandantes, falla de formación nalgúns casos, diminución dos tempos de atención e servizos que se lle prestan entreo otras moitas cousas”.

“É responsabilidade do concello poñer fin a esta situación” afirma o voceiro socialista, “e dar solución urxente a uns problemas que se cronifican co tempo e que dende o goberno local demostran non ser quen de atallar co sistema actual”.

Os socialistas sinalan que este verán recibiron máis queixas dos recortes establecidos, en tempo e servizos, pola empresa concesionaria na zona norte e pensan que do mesmo xeito que o goberno local decidiu municipalizar outros servizos para intentar darlle unha mellor calidade de vida á veciñanza, “a única solución para actuar con firmeza nunha necesidade básica para os/as nosos/as maiores e dependentes é tomar a decisión de municipalizar o servizo e ofertalo a través da empresa municipal “SUMARTE”.

Según Seco, con esta municipalización “poderíamos darlle un mellor servizo e estabilidade aos/ás usuarios/as, crear novas ofertas de servizo de limpeza, acurtar os tempos de espera do SAD básico, darlle unha boa formación ás traballadoras e con todo isto avanzar en que Arteixo sexa un modelo na atención social da súa veciñanza. 

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario