Entrega do IV Premio Economía que concede o Consello Galego de Economistas a Coren

por 21 Noticias

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou esta tarde no Teatro Principal no acto de entrega do IV Premio Economía que concede o Consello Galego de Economistas, que nesta edición recoñeceu a destacada traxectoria no sector agroalimentario do grupo ourensán Coren.

Un premio, dixo Luis Menor, que pon o foco nunha das claves do éxito desta empresa, como foi «manter nestes 60 anos a súa implantación no territorio».

O inicios do grupo Coren, daquela como UTECO, marcaron un fito en Ourense, pero tamén en Galicia, cos anos no resto de España «e tamén internacionalmente con numerosos recoñecementos á súa innovadora produción», destacou o presidente provincial. Neste sentido celebrou a visión de adaptación e innovación mostrada en todo este tempo polo presidente do grupo, Manuel Gómez-Franqueira

Na súa intervención, Luis Menor recordou a aposta de hai 6 décadas polo cooperativismo para ofrecer «rendibilidade social e económica no territorio máis próximo». Implantación, apuntou, pero tamén implicación, xa que o punto de partida «foi ofrecer ao rural ourensáns dos anos 50 unha oportunidade de vida».

Luis Menor cualificou a historia do grupo Coren como «unha historia de éxito, pero tamén historia de Ourense», pois entre a UTECO de Eulogio Gómez Franqueira ata o grupo Coren de Manuel Gómez-Franqueira «hai unha longa evolución, sempre baixo o compromiso de contribuír ao desenvolvemento do territorio, xerando oportunidades de vida no rural».

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario