O concelleiro popular Javier Vázquez considera que «o BNG nunca defrauda xa que ata na presentación do San Froilán aproveitan para atacar á Xunta.
· Os populares lamentan que «o soldo que cobran os nacionalistas sexa só para facer campaña política en lugar traballar para ofrecer unhas festas pensadas para todas as persoas».![]()
· «Sabemos pola liquidación da Conta Xeral o total do que gastaron nas patroanais de 2023 que ascendeu a 1.167.620,24» polo que dicir que «non poden traer un concerto grande cando xestionan 1.2 M€ é un insulto á cidadanía».
· Vázquez explicaba que «a día de hoxe seguimos esperando polo desglose destas contas» engadindo que «hai moito tempo que deixamos de crer nos seus contos»
· Dende o PP piden a Rubén Arroxo «menos política e máis traballar por Lugo» e o animan a que «deixe de poñerse de perfil en todos os asuntos importantes da cidade xa que coas declaracións de onte observamos como incluso nas súas áreas toca de oido sen estudarse a partitura»
· O edil do PP concluía pedindo «máis traballo, máis transparencia e menos oposición a quen máis inviste na cidade, que non tape o seu sectarimo cultural e a sua nefasta xestión nos eidos que goberna con ataques infundados»