A Rede Galega pola Palestina, BDS Galiza, a Asemblea Internacionalista
de Compostela e Lugo por Palestina, chaman a poboación a secundar as
mobilizacións que terán lugar en varias localidades galegas no 11 de
outubro de 2024, en repulsa pola represión policial durante o día de
acción internacional en solidariedade co pobo palestino.
Realizarase en Compostela unha manifestación, que sairá ás 19:30h da Praza Roxa.
Ademais, terán lugar concentracións na Praza Maior de Lugo ás 20:30h e
diante da Subdelegación do Goberno en Ourense ás 20h.