UCIN insta á Xunta a ampliar a autovía AG-55 da Costa da Morte

José Luis Calo, coordinador de Unión de Cidadáns Independentes (UCIN) Galicia, ve imprescindible para a comarca a execución da autovía da Costa da Morte, a mala xestión e a falta de infraestruturas provocan unha verdadeira “hemorraxia” demográfica, que se está a acelerar nos últimos 20 anos. É necesario seguir remando para frear esta “fuxida” de poboación e traballar por unha transformación política para a nosa comunidade. A pesar dunha localización privilexiada, a tendencia é regresiva, provocada pola inoperancia dos sucesivos gobernos da Xunta de Galicia.

José Luis Calo, declarou que “a autovía será un antes e un despois para a Costa da Morte. Os beneficios de contar cunha vía de alta capacidade son fundamentais para veciños e visitantes. Ademais dunha gran convulsión económica e social”, ademais engadiu que “as promesas electorais do PP onde aseguraba que se ía facer a autovía caeron en oídos xordos”. A isto hai que engadir o mal estado de conseívación das estíadas convencionais.

Comparte éste artículo
No hay comentarios