FAC-USO: «O concello de Monforte de Lemos tardou 11 meses en devolver taxas nun proceso selectivo obviando ao aspirante» 

por 21 Noticias

Juan Esteban Méndez, responsable de Administración Local en Galicia da UNIÓN SINDICAL OBREIRA (USO Galicia), leva meses denunciando que o goberno municipal de Monforte de Lemos, que preside José Tomé, o ignorou no proceso selectivo á praza de técnico de Administración Xeral (TAX).

O 13/10/2023 convocouse unha praza de TAX, concedendo un prazo de 10 días hábiles para a presentación de instancias. Como xa fixera o 08/09/2022, nunha convocatoria anterior; o 27/10/2023 (último día do prazo), transferiu 28,31 euros, en concepto de taxas, á conta corrente que figuraba nas bases e rexistrou, telematicamente, a súa solicitude.

O 03/11/2023, publicouse, nun primeiro anuncio, a lista definitiva de admitidos (e non figuraba excluído ningún aspirante), a convocatoria do Tribunal e dos aspirantes admitidos, citándoos para o 06/11/2023, ás 10.00 horas, publicando, nun segundo anuncio, o nomeamento do Tribunal, no que tivo lugar o primeiro exercicio.

En decembro do ano pasado, dirixiu outro escrito instando que se lle dese acceso ao expediente e, ao mesmo tempo, procedese á revisión de oficio do devandito proceso selectivo, notificándolle un acordo da Xunta de Gobierno Local de 15/01/2024 de que tiveran coñecemento da súa solicitude o 13/11/2023.

En setembro notificóuselle un segundo acordo da Xunta de Gobierno Local, con data do 09/09/2024, recoñecéndolle a devolución das devanditas taxas, que lle foron transferidas o pasado 27/09/2024, exactamente 11 meses despois do ingreso das mesmas e da presentación da instancia.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario