ABANCA obtivo nos nove primeiros meses de 2024 un beneficio atribuído de 988,1 millóns de euros, cunha rendibilidade ROTE recorrente do 16,9%. Estes sólidos resultados están fundamentados nun crecemento eficiente do negocio, que supera os 127.000 millóns de euros, e na boa xestión do balance.
A entidade consolídase como un dos competidores máis sólidos no mercado ibérico tras a adquisición de EuroBic, que achega un negocio rendible e saneado de máis de 12.000 millóns de euros.
![]()
Ademais da súa alta rendibilidade e dinamismo comercial, ABANCA presenta uns robustos niveis de capitalización (CET1 do 12,8% e exceso de capital total sobre requisitos de 1.557 millóns de euros), máxima calidade de activos (cociente de morosidade do 2,6%, cobertura de dubidosos do 78,1% e cociente Texas do 26,9%), e unha cómoda posición de liquidez (cociente LTD minorista do 79,9% e activos líquidos por importe de 24.560 millóns de euros).