O BNG de Culleredo pon a disposición da veciñanza formularios de alegación pola limpeza de fincas

por Redacción A Coruña

O Grupo Municipal do BNG vén de publicar na súa web formularios para a alegación ou a solicitude de ampliación do prazo frónte aos requirimentos enviados nas últimas semanas polo Concello, Diante das numerosas consultas recibidas acompaña a estes formularios unha pequena guía con resposta ás preguntas máis frecuentes.

O Concello de Culleredo emitiu nas últimas semanas unhas 6.000 dilixencias de notificación requirindo á veciñanza a xestión da biomasa nas parcelas afectadas no ámbito das redes de faixas de xestión de biomasa, segundo o recollido na Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galiza.

Diante das numerosas consultas que recibimos no BNG de Culleredo pola caótica situación provocada pola falta de recursos por parte do goberno municipal, da Xunta de Galiza e da empresa encargada das labores de inspección, SEAGA, para atender as demandas de información, decidimos aportar as explicacións que fomos obtendo ás preguntas máis habituais e que poñemos a disposición da veciñanza a través dunha pequena guía e dous formularios para a presentación de alegacións ou para a solicitude dunha ampliación do prazo para a execución dostraballos requiridos.

Toda esta información pode consultarse a través da web www.culleredo.bng.gal onde se poden descargar os modelos de formulario para a súa presentación a través do rexistro municipal, ben na sede electrónica ou ben de xeito presencial nos rexistros da Casa do Concello e do Edificio de Servizos Múltiples.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario