Ramón Carballo ve inaceptable que «PSOE e BNG pidan máis esforzo aos lucenses cando eles gastan máis do que ingresan e impulsan proxectos que non responden ás necesidades da veciñanza con elevados custes de mantemento”
Na xunta local do PP do Concello de Lugo, que se celebrou onte, se informou de que se van reforzar as estruturas do partido no municipio co obxectivo de achegarse aínda máis ás necesidades da veciñanza indicando que “forma parte do noso compromiso escoitar e defender as necesidades dos lucenses”.
Durante a xuntanza tamén se fixo un repaso do traballo que realiza o Grupo Municipal no día a día tanto na fiscalización do goberno local, como nas accións propositivas.
Tanto o Presidente local, Ramón Carballo como a voceira do Grupo Municipal, Elena Candia manifestaron a importancia do traballo coordinado para actuar de forma eficaz.