Marín. Debate da moción sobre Vivenda de Protección Oficial. Posición do PP

por Manuel Santos Costa

Manuel Santos Costa é portavoz do P.P. e concelleiro de Urbanismo e Facenda, no concello de Marín.

Nesta moción do BNG, se propón que por parte do concello ou por parte da Xunta de Galicia se adquira para a construción de vivendas de protección oficial, o inmoble inacabado na rúa Concepción Arenal nº 64, propiedade da sociedade Aliseda Inmobiliaria.

O equipo de goberno do P.P. e a área de urbanismo que dirixe Manuel Santos, ten dúbidas sobre a tramitación xurídica de adquisición de este inmoble, dúbidas de si se axustaría a licencia de acordo co novo plan, dúbidas de poder aumentar algunha planta máis, e sobre todo, dúbidas do estado da estrutura do inmoble para poder aumentar máis alturas sen coñecer o estado actual da mesma.

Como a obriga nosa é a de xestionar os cartos públicos, adquirir un inmoble por unha contía, non é o mesmo se temos que executar a demolición do mesmo para poder facer a edificación, porque se temos que facer unha demolición, o importe da adquisición se triplicaría e podía ser máis viable a procura de algún outro solar que optar por este inmoble inacabado, e ese é o motivo polo que o P.P. presenta unha Emenda que abre moito máis o horizonte, en consonancia coa liña na que se está traballando coa Xunta de Galicia.

E tamén dende a Xunta se está tratando de xestionar coas sociedades inmobiliarias dos bancos para que poidan ceder isos inmobles inacabados ou outros solares na súa propiedade para construír vivenda protexida.

Tamén a Xunta poderá actuar expropiando parcelas para poder executar vivendas de protección oficial independente da clasificación do solo e sen ter en conta o planeamento.

Polo tanto, creemos que en consonancia co traballo que se está a realizar é un bo momento para darlle viabilidade a esta moción e propoñemos a seguinte emenda que trata de completar e mellorar a moción do BNG, no sentido de que se non é viable a opción de adquisición de este inmoble se poida seguir traballando na procura doutras parcelas co bo fin de poder dotar de vivenda protexida ao noso concello.

Dende logo nós non imos adquirir esta edificación se non temos clara a súa viabilidade, e hoxe non a temos.

Non é que non queiramos poder rematar ou edificar nesta parcela pero hoxe non está claro, polo que se non apoian a emenda non podemos apoiar a moción.

  • BNG non a apoiou, reafirmouse no seu texto.
  • P.P. rexeitou cun criterio prudente comprar sen saber a viabilidade ese edificio.
  • PSOE abstivese, porque tampouco o veía claro.

Como portavoz do goberno municipal manifesto que, desde o goberno local, vaise seguir intentándoo e vaise tratar de construir vivendas protexidas, a pesar de que o número de demandantes a hoxe é de apenas 55 no rexistro de demandantes. Onde 4 son para compra de vivenda, 43 de alugueiro e 7 en alugueiro con opción a compra. Moi lonxe dos case 600 demandantes que tiñamos entre os anos 2006-2010 anos onde gobernaba o goberno bipartito neste concello co PSOE e o BNG ao fronte.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario