Deteñen a catro atracadores do sur de Galicia na «Operación Platas». (Vídeo)

A Guardia Civíl de Pontevedra detivo a 4 «presuntos autores» de 12 roubos con violencia e intimidación na provincia de Pontevedra e no Norte de Portugal.

Según informa o Instituto Armado, esta investigación, nomeada «Operación Platas», comenza xa no mes de septembro de 2024 despois dos primeiros dous atracos nos que utilizaron varias armas de fogo en establecementos de Meis e Vilaboa, na zona de Pontevedra.

Estes actos delitivos repetíronse, co mesmo «modus operandi», durante as vindeiras semanas, despous dos primeiros atracos, e repetiron delitos idénticos en Mos, Moaña, Redondela, Soutomaior, Ribadumia e na localidade lusa de Valença do Minho.

Os axentes elaboraron o perfil dos autores e permitiulles a súa identificación, tres dos arrestados eran veciños de Vigo e un cuarto era de Rianxo, con idades comprendidas entre os 36 e os 60 anos.

Os detenidos desplazábanse nun vehículo dende Vigo coa intención de facer unha selección dos establecementos máis adecuados para, días despois, cometer os atracos.
Están acusados, ademáis dos atracos a establecementos, dun roubo con violencia e intimidación nunha vivenda habitada en Ribadumia, o dia 20 de outubro. Os autores entraron neste inmoble, encañonaron e maniataron ós moradores e roubaron só diñeiro en efectivo.

Os detidos accedían a establecementos coa face oculta cun «pasamontañas», luvas [( «guantes» )], e prendas especiais, con todo esto intimidaban con varias armas cortas ós empregados e en segundos saqueaban os locais liscando coa recadación.

Están acusados da autoría de 11 delitos de roubo con violencia e intimidación en establecementos públicos, un roubo con violencia e intimidación nunha vivenda habitada, pertenencia a grupo criminal, delito de lesións e outro de tenencia ilícita de armas.

Este xoves día 21 os axentes detiveron a catro persoas e realizaron diversos rexistros en vivendas de Vigo, onde recuperaron dúas armas cortas, unha pistola simulada e un revolver.
Ademais, atoparon diversas pezas de roupa utilizadas, presuntamente, polos autores e «cremalleras» similares ás que se empregaron para inmobilizar ás vítimas do roubo en Ribadumia.

Os detidos foron postos a disposición do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Cangas, que ordenou o ingreso en prisión de tres deles, » só os residentes en Vigo», e a posta en liberdade con cargos para o cuarto detido, o de Rianxo.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios