Ana Hermida estará no Concello de Fisterra «Contando en Feminino» para o alumnado de infantil do CPR Nuestra Señora del Carmen e así conmemorar o 25N «Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller». Serán historias narradas desde a perspectiva de xénero e igualdade, onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario, onde o final pode cambiar e a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades.
A cita do alumnado co feminismo será o martes 26 de novembro ás 09:30 h. Actividade organizada pola Anpa Colexio Nuestra Señora del Carmen de Fisterra.