A Xunta destaca o impulso á comercialización que supón a dobre certificación de Tenreira Galega Suprema e Ecolóxica

por Redacción Galicia

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, destacou hoxe o impulso á comercialización da carne Tenreira Galega Suprema de cría ecolóxica que supón “identificala cunha etiqueta específica cun dobre certificado, sobre o tipo de gando e o modelo de produción”. 

O delegado realizou estas afirmación durante a presentación dos produtos de Gandaría Lanzán, unha nova iniciativa que puxo en marcha o emprendedor José González en Baralla e que contou co apoio da Xunta para a creación de pasteiros. Arias gabou “o enfoque integral e empresarial” do proxecto, que consiste nunha explotación ecolóxica que vende directamente a produción online.

Arias explicou que a Xunta apoia ao sector gandeiro mediante diferentes actuacións, e referiuse en concreto á Estratexia de dinamización do sector cárnico, que busca situar a Galicia como referente polonivel de competitividade e sustentabilidade. Ao respecto, apuntou que “arredor do 24% da carne de vacún sacrificada en Galicia está amparada polo noso selo de referencia, Tenreira Galega”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario