O próximo venres 6 de decembro regresa o Mercado de Nadal ao concello de Alfoz. Por segundo ano, está organizado pola Asociación Veciñal de Mor e a Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo.
Será no Atrio de San Pedro e contará cunha gran carpa climatizada con diversos postos de comida, doces, adornos, bisutería, regalos. Ademais haberá o obradoiro «Crea o teu adorno de nadal». Gratuíto e para os máis pequenos da casa. Terá dous horarios, ás 12h e ás 17h. Ás 18:30h será o acendido das luces a cargo da Asociación Veciñal de Mor e a continuación a actuación do Coro de Mondoñedo. Tamén haberá sorteos.
Tralo éxito da pasada edición, dende a organización convidan a veciños e visitantes a achegarse e gozar do Mercado.