O PP condena “a falta de compromiso de Sánchez con Alcoa e o emprego na Mariña” tras anular a mesa de seguimento 

Os populares lamentaron «tanto a falta de acción do Goberno de Sánchez que non está a cumprir o que promete» como «a falta de aclaracións nas respostas aos senadores sobre as medidas competencia do Estado que están pendentes e que contribuirían a garantir a viabilidade da planta»

·     En resposta oficial aos representantes do PP no Senado, «confirman que a intención inicial do Goberno era que non participaran os Ministros na mesa de seguimento» porque está previsto que estea presidida pola Secretaria de Estado de Industria

·     Os representantes do PP lembraron que «o presidente da Xunta manifestou a súa vontade de asistir para garantir que a reunión sexa do máximo nivel e forzar a asistencia tamén dos respectivos Ministros»

·     O Executivo estatal «non fixo nada» durante este ano para autorizar os parques eólicos da súa competencia vinculados á planta, «nin aclara nada» sobre a modificación do estatuto electrointensivo, a mellora das ferramentas de interrompibilidade, o incremento das axudas por CO2 ata o máximo permitido pola UE ou se estaría disposto a intervir de forma temporal e instrumental a planta se todas as medidas non foran suficientes para garantir a viabilidade da planta

·     Os populares reivindican unha «implicación real do Goberno de Sánchez nunha solución efectiva» para a planta que garanta o mantemento dos empregos: «non pode ser que esta situación de incerteza se manteña e arredor de 2.000 familias da Mariña sufran esta situación cada Nadal»

Comparte éste artículo
No hay comentarios