O Partido Galeguista leva a esencia de Galicia alén do mar

Comenzou o acto coa interpretación do HiImno Galego a cargo da agrupación de gaitas do Centro de Galicia e A.B.C de Corcubión, foi cantado por todos os asistentes, e despois das distintas intervencións, rematou o acto coa interpretación da peza composta no seu día pola emigración galega na capital da Plata para o que é hoxe xá ! o Primeiro Presidente de Galicia, Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao. «A Rianxeira», que cantamos con profunda emoción de todas e todos os asistentes ao acto
Chesqui ensalzou a figura do primeiro presidente de Galicia. «Fíxose xustiza ao irmán Daniel, Alén Mar, na cidade que el cualificou no seu día como a Galicia Ideal. Todas as entidades e persoas asistente aos actos, tanto da mañan como da tarde cualificáronos de históricos.

Fermoso acto no Camposanto da Chacarita en lembranza e homenaxe a aquelas galegas e galegos que finaron e están soterrados en caliquer lugar da Arxentina
Viva Galicia !
Viva Castelao !
Saúde e Terra !

Acto no salón do Centro Galego de Bos Aires: De ezquerda a dereita, Carlos Brandeiro (Director Xeral do Colexio Argentino-Galego Santiago Apostol) José Manuel Besteiro (Pte.do Centro Cultural da Estrada), Beatriz Lagoa (Pta. Centro Betanzos), Ramón Suarez (Pte. Centro Galego de Jos Aires), Chesqui, (Secretario Xeral do Partido Galeguista), Arantxa Anitua (Vicepresidenta da Federación Vasca Argentina), José María Vila (Pte.do Centro Galicia) Carlos Ameijeiras (Pte. A.B.C. Corcubión), Diego (Fundación Xeito Novo)Bernardo Rey (Pte. do Centro de Anciáns Galegos de Bos Aires), Cristian Moares (Secretario Xeral do Centro de Galicia), Graciela Pereira (cantautora e profesora de música).

Etiquetas
Comparte éste artículo
1 comentario