Remata o Ciclo Mestre Mateo 2024 na Fonsagrada

Será coa proxección de O Corno e Emoción, Vida e Teatro. A nave das Marías

A asociación Abordelar en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual e a área de Cultura da vicepresidencia da Deputación de Lugo, remata as sesións do ciclo Mestre Mateo na Fonsagrada.

O sábado 14, ás 20 horas, será o momento do filme de Jaione Camborda, O Corno, recoñecida en 2023 co premio da «Concha de Oro» do Festival Internacional de Cine de San Sebastián á mellor película e o premio Goya á mellor actriz revelación con Janet Novás.

E para pór fin, o domingo 15, ás 17 horas proxectarase o documental Emoción, Vida e Teatro. A nave das Marías. Producido pola ONG Ecos do Sur e dirixido por Saamira Ganay e Cris Andina. Esta peza é foi unha peza teatral creada no marco da ONG para darlle ás mulleres migrantes, nunha meirande parte latinoamericanas, un espazo de participación e visibilidade para promover procesos de sensibilización social no ámbito da igualdade de xénero.

O lugar de proxección será o Salón de Actos Municipal dos Chaos da Fonsagrada. 

Comparte éste artículo
No hay comentarios