O Concello de Lugo renovará o asfalto da Rolda do Carme

Arroxo: «Renovarase o asfalto das zonas máis deterioradas, dado que é unha zona onde se acumulan augas subterráneas que danan o subsolo, o que require deste tipo de mantementos para garantir a seguridade viaria».

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que o Goberno de Lugo está a renovar o asfalto de diferentes treitos da Rolda do Carme. Arroxo explicou que «esta rúa conta cunha importante presenza de augas subterráneas e acolle un tráfico bastante elevado, o que fai preciso que o mantemento sexa periódico para garantir a seguridade viaria».

O Goberno de Lugo intervirá nas zonas afectadas executando unha renovación integral do asfalto, construíndo unha nova capa de rodadura para o tráfico rodado baseada en mestura asfáltica en quente, que
asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, ademais da reconstrucción do firme en todo o seu espesor, para evitar novos defectos que afecten á capa de rodadura, xunto co pintado de nova sinalización horizontal.

«Continuamos a traballar na mellora dos barrios da cidade e dos accesos aos mesmos, aumentando a calidade de vida das veciñas e veciños», explicou Rubén Arroxo, que lembrou que a área de Mobilidade e
Infraestruturas planifica as intervencións de mellora dos espazos públicos segundo as peticións e solicitudes veciñais e cun importante traballo de visitas aos barrios.

Comparte éste artículo
No hay comentarios