Galicia afógase en promesas e contaminación. A nova industria, un negocio á conta do noso futuro. Prometéronnos desenvolvemento e progreso, pero o que recibimos é unha bomba de reloxería ambiental. Segundo os últimos estudos, Altri liberará ao río Ulla 62 toneladas diarias de químicos, ademais de emitir tanto dióxido de carbono (CO2) como 21.500 coches.
E todo isto para que? Para que uns poucos énchanse os petos á conta da nosa saúde e a nosa contorna. A actividade industrial xerará un ruído enxordecedor, cheiros nauseabundos e unha paisaxe industrial que afeará a nosa costa. O turismo, un dos motores económicos da rexión, verase gravemente afectado, e a agricultura, xa de seu en crise, recibirá o golpe final.
Hoxe dixemos todos xuntos en Compostela ¡ALTRI NON! Milleiros de galegos reuníronse para recordarlle á Xunta, que o pobo está unido para que os especuladores non acaben coa nosa terra
Poderán manipular a información os medios públicos pero non poderán silenciar a voz do pobo galego
Ninguén poderá silenciar a voz das galegas e galegos: ¡ALTRI NON!