Rubén Arroxo: “Seguiremos co plan de acondicionamento de zonas periurbanas cunha nova actuación en Castelo de Arriba”

Renovouse o asfaltado do camiño que une a Chanca con Castelo de Arriba e está a renovar o alumeado de Castelo de Arriba.

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que o Goberno de Lugo continúa a actuar nas zonas periurbanas da cidade cunha nova intervención na contorna de Castelo de Arriba. Arroxo afirmou que «seguimos actuando en todas as zonas periurbanas, tanto na renovación do asfalto para garantir a seguridade viaria como na
renovación do alumeado, o que nos permite mellorar a visibilidade e aforrar en consumo enerxético».

A Tenencia de Alcaldía renovou o asfalto da vía que une a Chanca con Castelo de Arriba, trátase dunha vía duns 300 metros onde se renovou a capa de rodadura por asfalto en quente, o que asegurará o selado do
firme ante a acción da auga superficial, garantindo que a intervención sexa duradeira. Nesta vía colocáronse unhas 167T de aglomerado.

Ademais, estase a renovar o alumeado do barrio, substituíndo 52 luminarias de 80W e instalando puntos de luz LED de 30W, o que suporá un aforro anual de 11.180 kWh, e que permitirá mellorar a uniformidade do 
alumeado e reducir as averías da rede de alumeado público municipal, dado que se renovan as caixas de conexión e os condutores antigos.

Comparte éste artículo
No hay comentarios