Amnistía Internacional Galicia organiza unha xira por diversas localidades da nosa comunidade co xornialista mexicano Alberto Amaro para falar sobre a súa experiencia como defensor dos dereitos humanos perseguido polo simple feito de exercer a súa profesión. Esta actividade levarao a participar en distintas charlas, enfocadas tanto á comunidade estudiantil como ao público xeral da zona do Brabanza, facendo paradas en Pobra do Caramiñal, Ribeira e Vilagarcía de Arousa.
Mércores 18 e xoves 19 de decembro. Xira do xornalista Alberto Amaro, “Charla sobre Dereitos Humanos en México”
Esta vindeira semana, o equipo de Educación de Amnistía Internacional Galicia organiza unha xira de dous días con Alberto Amaro, xornalista da provincia mexicana de Tlaxcala que sofre dende 2018 ataques de grupos violentos relacionados coa trata de persoas e escravitude sexual por dar a coñecer a realidade da súa comunidade. O activista mexicano, que forma parte do programa de proteción de defensores dos Dereitos Humanos de Amnistía Internacional e vive hoxe en Asturias, fará as seguintes paradas na súa visita:
Mércores 18 de decembro.
13h. CPR Divino Maestro – Pobra do Caramiñal.
20h. Centro Cultural Lustres Rivas – Ribeira. Aberta ao público xeral.
Xoves 19 de decembro.
13h.IES Castro Alobre – Vilagarcía de Arousa.
Neste faladoiro coñeceremos de primeira man o caso de Alberto, xornalista mexicano de 35 anos e oriundo de Atexcatzingo, estado de Tlaxcala que fundou no 2018 o medio dixital “La Prensa de Tlaxcala”. Fillo e neto de xornalistas, dende Amnistía Internacional levamos tempo seguindo o seu caso e dándolle visibilidade, xa que leva anos recibindo ameazas e coaccións polas súas investigacións sobre política, delincuencia e corrupción no eido local.
Como indica el mesmo, é dende os inicios do seu proxecto xornalístico que inician as ameazas. Pero é apartires do 2019 cando comezou a sufrir detencións por parte de axentes policiais e todo tipo de intimidacións por parte de membros da delincuencia organizada. Tanto el como a súa muller e fillos foron fotografados e o seu sitio web hackeado. No eido dixital, son habituais as campañas de desprestixio contra el en redes sociais.
Neses anos sufriu ataques mentres manexaba o coche e tentaron entrar pola forza na súa casa, onde tamén efectuaron disparos e envelenaron a un dos seus cans. Todo isto por tratar de mostrar a realidade sobre a trata de persoas e escravitude sexual que se sofre no seu estado, Tlaxcala, onde varias redes familiares son coñecidas por traficar con nenas e mulleres entre México e Estados Unidos, entre outros delictos.
Por todas estas razóns, Alberto solicitou entrar no Mecanismo de Protección para Persoas Defensoras dos Dereitos Humanos e Xornalistas no 2019, aínda que non lle proporcionou un “botón do pánico” ata pasados 6 meses, e non conseguiu contar con escolta ata dous anos despois, tal e como relatou á nosa organización.
A pesares destas medidas de proteción, continuaba sufrindo sabotaxes no seu coche, o que o obrigou a instalar deceas de cámaras de seguridade na súa casa. A sensación de que os organismos de proteción gubernamental non fan todo o que poden por protexelo é constante.
A finais de xullo de 2023, o Mecanismo reevaluou a súa situación e concluíu que xa non corría perigo, polo que lle retiraron a seguridade. Ao non atoparse de acordo coa situación, fou a xuizo e conseguiu bloquear a retirada dos seus catro escoltas, aínda que a situación segue a ser moi inestable.
Sen embargo, o maior temor non é por el, senón polos seus fillos, un neno e unha nena, que viron como homes armados disparaban contra a súa casa, entre outros actos violentos. Por todo isto, sofren de problemas para durmir e tiveron que renunciar á práctica de actividades infantís acordes á súa ideade.
Como consecuencia dos constantes ataques e da falta de garantías con respecto á súa seguridade por parte do Mecanismo, Amaro reduciu a súa cobertura informativa da delincuencia organizada e a corrupción política, e mesmo considerou a posibilidade de abandonar a profesión. De feito, hoxe en día vive en Asturias como parte do Programa de Acollimento de Defensores dos Dereitos Humanos de Amnistía Internacional.