Os traballos completaranse nos próximos días coa sinalización horizontal e vertical.
O Concello vén de concluír a execución do proxecto de mellora da rede viaria na parroquia de Coiro a través do que se mellorou o pavimento nun tramo do núcleo da Riba e a estrada que comunica ese lugar coa Lourenceira. A actuación afectou a unha lonxitude lineal de 335 metros desa vía, que agora presenta unha maior facilidade para a circulación dos vehículos, o que tamén redunda na mellora da seguridade. Os traballos completaranse nos próximos días coa sinalización horizontal e vertical.
O investimento alcalzou os 41.000 euros.
Esta intervención dá continuidade a outra recentemente executada no entorno grazas á que se mellorou a calzada na outra parte do núcleo da Riba e na vía desde ese lugar ataA Ferraría á altura do cruce coa estrada provincial DP-1913.