Novo prazo para presentar alegacións contra a mina de Touro

As deficiencias do proxecto da mina non solo son técnicas tamén son administrativas

Desde a Plataforma veciñal mina Touro O Pino Non informamos da publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia dunha comunicación emenda do acceso á documentación na exposición pública do proxecto declarado PIE para tentar reabrir a mina de Touro novamente pola mercantil Cobre San Rafael nos concellos de Touro e O Pino.

Son varios os documentos que aparecen velados, con erros, repetidos e que como, neste caso, non era posible abrir, trátase do documento denominado “EsIA37_Anexo 35_Cartografía ambiental” , non será ata o mércores que poderemos comprobar se o documento está xa dispoñible e saber do seu contido e si xa é posible consultalo, tamén teremos que comprobar que o novo enlace que poña a administración coincida co anterior e seguir comprobando se existen máis deficiencias; máis de cen arquivos, algúns repetidos, e a maioria coincidentes cos xa analizados no proxecto denegado.

O video é de hoxe o río Portapego con aportes contaminantes da mina desembocando no río Lañas afluente directo do Ulla

Este novo prazo que remataría o 31 de xaneiro, danos alento para presentar máis alegacións e demostrar que este proxecto é o mesmo, calcadiño ao xa denegado, valoramos moi positivamente a gran resposta da xente nos actos nos que xa puidemos informar e distribuir alegacións, en especial veciños e veciñas de Touro e O Pino, que se están volcando na elaboración de alegacións, recollida de sinaturas e difusión das problemáticas, que xa son coñecidas do proxecto denegado.

Animamos a todas as persoas que se queiran personar no expediente e presentar alegacións que nos sigan nas redes #minatouroopinonon @minatouroopinonon, onde se dispón de toda a información e distintos modelos de alegacións, por temáticas, que poden servir de base para calquera que queira participar neste proceso de exposición pública e axudarnos a despachar as intencións de reapertura da mina definitivamente que non son a solución nin de emprego nin de restauración da zona e menos das aguas, á vista está o tan cacareado proxecto de drenaxe que conta coa aprobación de Augas de Galicia, e polo que non poderían sair augas da mina non se cumpre, sin autorización de vertidos, sin ningún tipo de tratamento as augas corren libres camiño do río Ulla.

Comparte éste artículo
No hay comentarios