Todas as emendas, presentadas nos orzamentos da Xunta do 2025 polo BNG para o concello de Monterroso, foron rexeitadas polo goberno do PP

Brais Vázquez,concelleiro do BNG en Monterroso «lamentamos profundamente a falta de investimento no que o goberno do PP ten sumido a Monterroso«

O Bloque Nacionalista Galego presentou no Parlamento galego emendas aos orzamentos da Xunta de Galiza para o exercicio do 2025.

O grupo nacionalista presentou orzamento para a creación dunha residencia da terceira idade «Os centros residencias son a día de hoxe unha parte esencial da atención aos nosos maiores» declarou Brais Vázquez, concelleiro en Monterroso. A poboación de maiores en Monterroso a día de hoxe supón un 30% da poboación total «o que denota o envellecida que esta a poboación e a necesidade que temos de unha atención especifica para os nosos maiores» afirma Brais Vázquez.

Ademais, o BNG tamén solicitou medidas a través dos orzamentos da Xunta para a creación dun parque infantil cuberto en Monterroso. «O que permitiría aos máis pequenos desfrutar dunha instalación sen depender das inclemencias meteorolóxicas» recalcou Vázquez indicando «tamén se presentou unha enmenda para o arranxo do patio do CEIP de Monterroso, algo que vai ó fío do coidado da infancia no noso pobo».

Do mesmo xeito, Brais Vázquez subliñou «o BNG impulsou estas melloras a través dos orzamentos da Xunta de Galiza para o 2025 máis o PP votou en contra de todas elas, non sabemos como o alcalde de Monterroso permite que o goberno da Xunta abandone Monterroso e as peticións da veciñanza».

Comparte éste artículo
No hay comentarios