Animación infantil, obradoiros artísticos e concerto de Nadal no Concello de Oleiros

As vacacións de Nadal estarán cheas de actividade para todos os públicos na Praza Esther Pita: animación infantil, obradoiros plásticos e actuacións musicais

Á programación de Nadal do Concello de Oleiros que se estende durante todo o mes de decembro ata a entrada de xaneiro coa Pista de xeo, instalada na Avda. II República (Perillo), e as atraccións infantís da Praza Esther Pita (Santa Cruz); súmanselle obradoiros de manualidades, animación infantil e actuacións musicais para todos os públicos.

As actividades de Nadal na Praza Esther Pita os días 23, 26, 27 e 28 de decembro serán as seguintes:

– Luns 23 decembro (17:00-20:00h): obradoiros artísticos de Nadal, elaboración de adornos, árbores e postais.

– Xoves 26 de decembro (17:30-19:30h): animación infantil, xogos e música.

– Venres 27 de decembro (17:30-19:30): obradoiros artísticos, realización de casiñas de Nadal.

– Sábado 28 de decembro (19:00h): concerto Ves como sabes? Espectáculo de música popular e pop-rock de todos os tempos para todos os públicos. O espectáculo está incluído na Rede da RDL da Xunta de Galicia.

As actividades son gratuítas.

Comparte éste artículo
No hay comentarios