O portavoz municipal dos nacionalistas, Xaime Trillo, considera que “hai que actuar á maior brevidade posible nas vías que necesitan unha intervención urxente e prioritaria”
BNG de Dumbría urxiu ao goberno local a que acometa “á maior brevidade posible” o arranxo de varios camiños rurais que se atopan en situación de abandono nas diferentes parroquias do municipio.
Esta demanda foi realizada durante o último pleno ordinario celebrado este xoves 2 de xullo polo portavoz municipal dos nacionalistas, Xaime Trillo, que destacou a importancia “de actuar nos tramos que necesitan unha intervención prioritaria e urxente”.
Entre os camiños citados polo voceiro do BNG, atópanse os seguintes:
Camiño de Riba dos Prados (Logoso, Olveira)
Camiño de Agra das Bouzas (Santa Uxía, O Ézaro)
Camiño dos Ríos ( Cerbán, Os Buxantes)
Camiño dos Chans ( Xestosa, Os Buxantes)
Camiño da Fonte Santa (Busto, Os Buxantes)
Camiño do Canliño (Hospital, Dumbría)
Camiño das Meáns (Figueiroa, Dumbría)
Camiño de Mazaboi (Truitín, Dumbría)
Camiño da Fonte das Herbas (Boudañeira, Berdeogas)
Camiño do Rego da Devesa (Alvarellos, Berdeogas)
Camiño do Monte (A Senra, Salgueiros)
Camiño da Farrapa (Xerpe, Salgueiros)
Camiño da Pataqueira (Salgueiros)
Pregunta sobre o PXOM
Por outra banda, Xaime Trillo preguntou ao alcalde na sesión plenaria se o goberno ten pensado impulsar o PXOM no concello, e interesouse pola situación na que quedou o Plan Xeral que o Concello tentou tramitar anos atrás.
“Dumbría non pode seguir sen un plan urbanístico que garanta seguridade xurídica á veciñanza á hora de querer facer calquera actuación”, manifestou o voceiro municipal do BNG.