José Luis Calo, coordinador UCIN Galicia, case o 40% do territorio de Galicia atópase deshabitado, unha tendencia que se intensificou durante os últimos anos.
Para Unión de Cidadáns Independentes un dos maiores obstáculos para o futuro económico de Galicia é a crise da vivenda. O que moitos consideran un problema social ten profundas implicacións económicas.
A escasa oferta e os altos prezos dificultan a mobilidade laboral ea integración de novos traballadores, esenciais para soster o crecemento. Sen un mercado inmobiliario accesible, Galicia corre o risco de perder competitividade. Garantir vivendas alcanzables é unha cuestión de xustiza social. Outro dato que preocupa a UCIN Galicia, é que case a metade dos fogares galegos ten problemas económicos. O 40% chegan con dificultade a fin de mes, un 17,3% está en risco de exclusión social e máis do 60% dos mozos non se emancipa, segundo o Instituto Galego de Estadística. O envellecemento poboacional agrava aínda máis a
situación, o índice de envellecemento é alarmante. Esta dinámica afecta o mercado laboral e á sustentabilidade económica. Temos que apoiar ás áreas rurais que están en risco de despoboamento, apenas reciben o 13,78% dos fondos europeos destinados á rexión”. Calo, “o que non funciona é o elevado gasto político, que non hai que confundir co gasto público, dar máis diñeiro aos políticos que o malgastaron e xerar máis déficit aínda”