O edil de Infraestruturas afirmou que «pasou o Nadal e a Xunta non abriu os aparcadoiros das súas instalacións do centro da cidade, aínda que nestas datas estiveron baleiros»
O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, criticou que unha vez rematada a tempada de Nadal, a Xunta non abrise os aparcadoiros dos institutos do centro da cidade, unha medida que, segundo o concelleiro é «unha oportunidade perdida para mellorar Lugo».
Penas destacou que o Partido Popular podía ter colaborado para que no Nadal o centro de Lugo contase con máis espazos para aparcar abrindo os aparcadoiros dos IES Virxe do Ollos Grandes e Lucus Augusti, «facilitando que a xente se desprace ao centro para realizar as súas compras apoiando o comercio local en datas na que estes estacionamentos estiveron baleiros», explicou.
Penas afirmou que o PP «marxina á cidade de Lugo», e destacou que «seguiremos traballamdo para que as veciñas e veciños poidan utilizar estes espazos fóra do horario de uso polo persoal dos centros, tal e como acontece no Concello co aparcadoiro do Seminario».
Alexandre Penas lembrou que «o Partido Popular anunciou desde a Xunta que estes aparcadoiros se ían abrir, pero seguimos a ver como non executan unha solución tan simple como darlle a un botón e permitir á veciñanza utilizar este espazo».