A Marea de Noia denuncia os recortes da Xunta nos servizos sanitarios de Noia

A Marea denuncia que as Urxencias reducirán o seu persoal médico nun tercio os domingos e festivos. ( Días de maior asistencia debido a que os Centros de Saúde de Outes, Porto do Son e Lousame (non prestan asistencia).

A Marea denuncia tamén que a matroa de Noia tamén atende ás usuarias de Outes o que está alongando as listas de agarda que chegan a dous meses.

Dende a Marea instan ao Sergas a que garanta un servizo sanitario de calidade en Noia.

Agradecen ao persoal sanitario todo o seu traballo, xa que grazas ao seu sobresforzo minimizanse os efectos na saúde da veciñanza.

Comparte éste artículo
No hay comentarios