Guido Guía e Fabio Forino organizan un paseo guiado pola obra do artista Mon Devane en Ourense

Esta domingo 19 de xaneiro os guías Guido Álvarez Parga (Guido Guía) e Fabio Forino (Guíame Galicia) anunciaron en Ourense unha nova actividade para o mes de marzo (concretamente o día 29sábado): un paseo guiado pola obra do artista Mon Devane (Ourense, 1985).

A cita será ás 11h00 da mañá na Praza Bispo Cesáreo, o percorrido durará tres horas, e a inscrición é gratuíta a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com

Mon Devane é un artista urbano nacido en Ourense que utiliza o spray como principal ferramenta para o seu traballo artístico dende o ano 2003. De profundas raíces graffiteiras, comeza pola vella escola, explorando distintas posibilidades a través de formas, letras… pero a implacable búsqueda dun estilo propio lévalle cara unha marcada etapa na que a súa obra adquire un carácter realista.

A obra de Mon Devane caracterízase polo seu estilo fotorrealista e monocromático. Traballa sobre grandes formatos, onde se magnifica cada detalle, buscando transmitir miradas que conten cousas, vidas, tradicións e historias. A temática habitual do seu traballo é costumbrista, gústalle contar cousas e falar sobre tradicións autóctonas da zona onde intervén cos seus murais.

Dende o ano 2016 participa en gran número de eventos e festivais de arte urbana por todo o mundo, plasmando a súa obra en países como Estados Unidos, México, Xamaica, Bolivia, Italia, Francia, Inglaterra, Emiratos Árabes, Mónaco…

En marzo do 2021 inaugura a exposición «As Estrelas do Camiño» comisariada pola cerveceira Estrella Galicia, unha enorme galería artística, con máis de 140 km de percorrido ao longo do Camiño Francés, que cubre as 7 etapas que van dende O Cebreiro ata Santiago de Compostela.

Comparte éste artículo
No hay comentarios