O Plenario de Queremos Galego tivo a presenza de cargos políticos nos gobernos de distintas institucións, representantes de diversas entidades, voceiros de asociacións e persoas a nivel individual. Tamén estiveron convidadas e convidados mestres responsables de dinamización linguistica dos centros escolares que teñen un papel fundamental á hora de transmitir os valores do idioma ás crianzas.
Queremos Galego realizará numerosos eventos relacionados coa lingua para visibilizar a súa importancia e animar a todas as persoas que usar a lingüa deste país. Queremos Galego! é unha plataforma cidadá,conformada por entidades de diferentes ámbitos e por persoas a título individual, que nace da vontade de articular unha ampla resposta colectiva a prol da lingua propia do noso pobo, o galego; de defensa e afirmación dos usos públicos e dereitos lingüísticos xa garantidos pola actual lexislación; de progresiva normalización naqueles espazos onde o idioma de noso non goza aínda da presenza desexada.