Clusaga reúne o ecosistema lácteo galego nun evento clave para a innovación e sustentabilidade do sector

Participaron entidades como AGACAL e IGAPE, así como empresas do sector como Grupo Lence, Queizuar e Bico de Xeado, que presentaron as súas visións sobre a transformación do sector.

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) celebrou con éxito unha nova xornada de innovación dedicada ao sector lácteo, baixo o título «O sector lácteo galego: Innovación para un futuro sustentable e competitivo». O evento congregou a máis de medio centenar de expertos e representantes de entidades relacionadas co sector, que puideron coñecer de primeira man os avances en proxectos transformadores para a cadea de valor do leite en Galicia.


Colaboración e apoio institucional, claves para o sector


O encontro centrouse na colaboración como ferramenta clave para impulsar a eficiencia, a trazabilidade e a sustentabilidade do sector lácteo galego. A apertura do evento estivo a cargo de Juanjo de la Cerda, CEO de Clusaga, quen destacou o papel do clúster comofacilitador da transformación:“Poñemos en contacto ás empresas co coñecemento, a tecnoloxía e as oportunidades que lles permitan seguir crecendo e evolucionando”.


A continuación, tomou a palabra Martín Alemparte, director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), quen subliñou o valor diferenciado dos produtos lácteos galegos e reiterou o compromiso da Agacal coa innovación do sector, a través das axudas destinadas a grupos operativos da AEI. A xornada tamén contou coa participación de Isaac Rosón, director da Área de Innovación do IGAPE, quen presentou as liñas de axuda dispoñibles para a innovación empresarial. Ambas intervencións puxeron en relevo o apoyo institucional ás iniciativas que buscan fortalecer o tecido produtivo galego.


SmartZ4Milk: Tecnoloxía avanzada para modernizar o sector lácteo


Un dos proxectos destacados neste encontro foi SmartZ4Milk, coordinado por Clusaga no marco do PERTE agroalimentario. Esta iniciativa aposta pola intelixencia artificial, a analítica de datos en tempo real, a automatización de procesos e os sistemas de monitorización intelixente para modernizar a cadea de valor do leite en Galicia. Durante a mesa redonda dedicada a este proxecto, empresas como Grupo Lence, Plexus Tech e Grupo AMSlab trataron temas como a visión empresarial, aplicacións prácticas das tecnoloxías, ou os avances namonitorización de parámetros críticos para a calidade do leite.

Xa na mesa redonda do proxecto LAZTEO, expuxéronse casos de éxito en innovación e estratexias sostibles no sector, desde o aproveitamento eficiente de recursos ata a aplicación de biotecnoloxía para unha alimentación animal máis sostible. Ademais, analizouse o uso do mapeo dixital do solo para optimizar prácticas agrícolas como os ecoesquemas, a inxección de nutrientes e a sementeira directa. A mesa contou coa participación de representantes de Bico de Xeado e Cartogalicia, baixo a moderación de Medrar SmartSolutions.


Innovación colaborativa e sustentabilidade: claves para o futuro do sector lácteo galego


A innovación colaborativa foi un dos eixos centrais da xornada, con proxectos que demostran como atecnoloxíae asustentabilidadeestán a transformar o sector agroalimentario. Caprigo, por exemplo, busca valorizar as producións leiteiras caprinas na Aldea Modelo Xacebáns (Ourense) a través do desenvolvemento de queixos brandos de alta calidade, elaborados exclusivamente con leite de cabra.


Outro dos proxectos presentados foi CIBUS5G, que aplica tecnoloxías avanzadas como a intelixencia artificial, a visión artificial, o 5G e o IoT para mellorar a eficiencia e a competitividade do sector alimentario. A súa plataforma colaborativa ofrece solucións flexibles e adaptables a diferentes necesidades do sector, destacando o potencial da innovación dixital.


A xornada tamén contou cunha mesa redonda dedicada ao proxecto HIGHFIVE, unha iniciativa europea que apoia a transición dixital e verde das pymes agroalimentarias. Empresas como Queizuar e Quescrem son beneficiarias deste consorcio, que impulsa proxectos como PrevAI, Creamsense e Bupaic. Estas iniciativas, centradas en intelixencia artificial, automatización e sensórica avanzada, exemplifican como a innovación pode optimizar procesos e garantir unha maior sustentabilidade no sector lácteo.


O evento pechou coa presentación de #ValorLácteo, o Modelo Común de Sustentabilidade do Sector Lácteo, unha iniciativa clave liderada por Clusaga para establecer directrices e boas prácticas que reforcen o compromiso ambiental, social e de gobernanza (ESG) das empresas lácteas galegas. A participación de Casa Grande de Xanceda e AGACA permitiu poñer en común visións e retos nun contexto global cada vez máis esixente en materia de sustentabilidade.

Comparte éste artículo
No hay comentarios