O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe unha reunión co novo xefe da Comandancia da Garda Civil en Lugo, o coronel Luis Germán Avilés, nun primeiro encontro institucional que serviu para darlle a benvida e desexarlle moitos éxitos na súa nova responsabilidade así como para ofrecerlle continuidade na colaboración do Goberno galego.
Arias puxo en valor o labor da Garda Civil a favor da seguridade na provincia, especialmente no ámbito rural, e destacou a súa cooperación na loita contra os incendios forestais ou na atención aos peregrinos nas distintas rutas xacobeas.