A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña pon en marcha neste ano 2025, coa financiación da Xunta de Galicia, e en colaboración co Concello de As Pontes de García Rodríguez, a 7ª edición do Programa de Formación Universitaria Específico para os adultos maiores, que se desenvolverá entre os meses de marzo e abril, no Centro Sociocomunitario de As Pontes, na avenida de Ferrol nº 23, en As Pontes.
A inscrición, que é gratuíta, poderá realizarse de xeito on-line a través do espazo web UDC Sénior As Pontes (https://universidadesenior.org/as-pontes/) ou presencialmente a través da Secretaría de Alcaldía do Concello de As Pontes , dende o 22 de febreiro ata o 9 de marzo.
O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas e prácticas, impartidas, en dous días a semana, por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas:
MÓDULO I: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS
- 12 de marzo: «A Dirección Artística no Cine», Profa. Victoria de León Sanjuán
- 13 de marzo: «A xestión do común: Unha visión desde a economía e os comics», Prof. Manuel Gómez Suárez
- 18 de marzo: «Literaturas do Mundo: unha viaxe á orixe dos libros», Profa. Elena Martín Cancela
MÓDULO II: CIENCIAS DA TERRA E TECNOLOXÍA
- 26 de marzo: «(Bio)invasións en Galicia: mecanismo, impacto e xestión», Prof. Sergio Rodríguez Roiloa
- 27 de marzo: «ADN Antigo e Evolución Humana: unha viaxe ao pasado a través dos nosos xenes», Profa. Gloria Mª González Fortes
- 2 de abril: «Descubrindo a Intelixencia Artificial: retos, aplicacións e ferramentas», Prof. Álvaro Michelena Grandío
MÓDULO III: CIENCIAS DA VIDA E DA SAÚDE
- 9 de abril: «Enfermidades Cardiovasculares e Diabetes», Prof. Luis Saleta Canosa
- 10 de abril: «O Cambio Climático: causas e consecuencias», Prof. Salvador Fojón Polanco
- 23 de abril: «Boas Prácticas para o Coidado do Benestar Psicolóxico», Prof. Carlos Freire Rodríguez
Clausura e xornada cultural na Coruña
O Programa formativo rematará cunha xornada de visitas académicas e culturais na Coruña, onde terá lugar o acto de clausura e entrega de diplomas, o día 24 de abril de 2025.
Con este Programa, a Universidade Sénior achégase un ano máis ás persoas maiores de 50 anos de As Pontes de García Rodríguez, coa intención de seguir dando resposta as súas inquedanzas e necesidades formativas como ven facendo desde a súa primeira edición o ano 2018.