Os socialistas de Oleiros cuestionan a política de mantemento preventivo de instalacións e infraestruturas do Concello

A Alternativa gústalle facer inauguracións por oportunismo político e para sacar a foto, e despois descoida o seu mantemento. Solo esa deixadez pode explicar que un dos ascensores do paso elevado da N-VI leve dous meses averiado, ou que agora se propoña facer unha actuación en Rialeda, que polo importe, de máis de 1.2 millóns de €, é de auténtica urxencia. Por non falar nas fugas desatendidadas da rede de abastecemento de auga. Se fose responsabilidade de Fomento ou da Xunta xa teríamos visto ao Alcalde facer unha das súas típicas «performances» levando ata burros estes lugares. Onde van logo os cartos que pagamos os veciños?

A prioridade política de Alternativa dos Veciños é facer inauguracións por pura rentabilidade política, pero descoida cada día máis o mantemento, priorizando a política de inversión en novas inauguracións nas que sacar fotos en vez de facer mantementos preventivos, por exemplo, nos caminos e aceras. As «fochancas» nas vías públicas son un clásico en Oleiros, e as recalamacións patrimoniais crecentes contra o Concello por estas deficiencias, tamén.

Nos edificios e instalacións non se priorizan tampouco melloras que permitan un aforro futuro. Solo esa política de deixadez e de atención ás fotos e titulares pode xustificar as vallas de seguridade corroídas en Santa Cruz, ou das de madeira, podridas por medio concello incluso nas proximidades de áreas de xogo de nenos. Por non falar da nula inversión en enerxías renovables, xa que non instalan paneles fotovoltaicos nas cubertas municipais, porque tampouco se ven e non dan votos…. Cambios de caldeiras que se fan agora como nas piscinas municipais cando as outras, por mal mantemento, se deterioran.

Á próxima convocatoria de captación de Fondos europeos é unha nova mosta destas políticas, Alternativa leva actuacións como a de Rialeda, que polo importe, de máis de 1.2 millóns de €, é de auténtica urxencia, polo que cómpre preguntarse como sendo os responsables únicos desta instalación téñenna con humedades, filtracións e ata con cartóns nalgunha ventá.

Resulta curioso tamén que se propoña acudir a fondos FEDER para amueblar o Auditorio de Bastiagueiro por un importe de arredor de 2,5 millóns de €, de novo as prioridades políticas do Alcalde están moi lonxe das dos cidadáns, e tamén de ser exemplo de eficiencia e rigor no emprego dos cartos públicos, que se destinan de maneira partidista, pensando máis nas fotos para o «Vivir en Oleiros» que na boa xestión.

O deterioro das redes, e o seu escaso matemento, está a provocar nestes intres unha inundación Mera que pode levar fecais ata a lagoa. Este é o Oeliros real e non o «Oleiros bonito» que nos publicita o Alcalde con cartos de todo nós (adxuntamos fotos)».

Comparte éste artículo
No hay comentarios