O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista, José Ramón Gómez Besteiro, cargou hoxe contra a negativa de Alfonso Rueda a permitir que o Goberno de España condone a débeda a Galicia. “Curso básico de economía: se che condonan a débeda e che perdoan un 33% do que debes, quen en pleno uso da razón diría que non?”, afirmou Besteiro, subliñando que nove de cada dez galegos e galegas “din que si” a este alivio financeiro. «O único galego que di NON é Rueda».
O dirixente socialista recordou que eses 4.000 millóns de euros “poderían liberarse para facer moitísimas cousas boas en Galicia” e puxo varios exemplos ao respecto:
Investir 200 veces máis en investigación sanitaria.
Liberar peaxes.
Atender a demanda de vivenda das máis de 19.000 persoas inscritas nos rexistros de solicitantes.
Pagar os salarios de todo o corpo de docentes e profesionais sanitarios durante varios anos.
Construír ata 40.000 vivendas públicas.
“A débeda que xestionou e xerou o Partido Popular durante os últimos 15 anos podería verse reducida en 4.000 millóns grazas a esta condonación”, apuntou Besteiro, quen salientou que “o lóxico e o que lle convén a Galicia” é apoiar sen dubidalo esta medida. Así mesmo, lembrou que “as comunidades autónomas co sistema de concerto non reciben nin un só euro” neste proceso, polo que “este alivio financeiro beneficiaría directamente a Galicia”.
Besteiro advertiu de que o Partido Popular, “que durante os últimos 15 anos foi quen incrementou a débeda ata estes niveis, agora négase en rotundo a que sexa condonada”. En contraposición, o PSdeG aposta “por condonar esa débeda”, rompendo así –en palabras do portavoz socialista– “as inercías que tiñan outros partidos” ao se conformar cunha simple compensación asociada ao FLA.
Para reforzar este posicionamento, Besteiro anunciou que o Grupo Parlamentario Socialista “vén de rexistrar unha batería de iniciativas para que o Parlamento de Galicia tome partido e diga claramente se apoia a condonación dos 4.000 millóns de euros de débeda”. Ademais, o líder socialista asegurou que ao final deste ano se votará unha Lei Orgánica no Congreso dos Deputados, na que “sete votos de deputados e deputadas galegas do PSdeG-PSOE” avalarán a proposta.
“Queremos que quede claro quen está a favor de que Galicia reciba este importante alivio financeiro e quen prefire seguir cargando coa débeda”, concluíu José Ramón Gómez Besteiro, advertindo que “equivócanse por completo” aqueles que se opoñen a esta condonación e que non defenden os intereses do conxunto da cidadanía galega por contentar ao seu partido.
Este invento es un montaje claro para contentar a Puigdemont ,que tampoco parece gustarle el «invento».Si esas cantidades a abonat a las Comunidades Autónomas se «volatilizasen» podríamos entenderlo pero lo normal es que el dinero habrá que seguir pagándolo por todos vía Agencia Tributaria e impuestos .Nadie se opone a que le perdonen lo que debe y si Galicia (segun Basteiro) recibe un importante alivio y el gallego de turno ,vía impuestos acaba pagándo más ,no veo las «bondades» del gobernante por ninguna parte.Todo esto se debe a que hay que contentar a los independentistas catalanes para que mantengan al presidente Sánchez en la poltrona presidencial,aunque tampoco están contentos y lo que presume Oriol Junqueras de ER al creer haber logrado más de 17.000 millones no gusta a los de Puigdemont .Los Diputados gallegos del PSG-PSOE y Bloque avalarán la propuesta de esa Ley Orgánica a finales del 2025 si antes no salta todo por el aire y Sánchez se viese obligado a adelantar elecciones .El Sr.Sánchez,se aferra al poder todo lo que puede y recoloca a todos sus fieles en puestos de Consejeros y Directivos de las Empresas Públicas para que rellenen sus bolsillos (mientras dure )asi dispondrá de «amigotes» a futuro si las cosas no le funcionan. Gómez Besteiro ya sabe que cuando toque ,irá por el mismo «camino» que Sánchez.Déjese de repartir gastos en proyectos que nunca se cumplen y ni 40.000 viviendas ni gaitas ,(hable de esas cosas cuando obtenga resultados ).No sabemos como acabarán repartiendo el dinero que no tienen aunque al final todo apunta a que la deuda de Cataluña , acabará siendo pagada por todos los demás.