Os senadores do PP de Lugo piden ao Goberno de Sánchez aclarar cando prevé sacar a licitación a área de servizos da A-54 en Palas de Rei

Unha das carencias da A-54 é a ausencia de áreas de servizo, “unha circunstancia chamativa tendo en conta que xa existen proxectos -de iniciativa privada- interesados na súa promoción”.

Os senadores do PP lucense piden explicacións ao Goberno de Sánchez sobre a licitación da área de servizo da A-54 en Palas de Rei, de iniciativa privada, pero que o Goberno de España debe sacar a licitación a través dun concurso por concesión.

Os populares lembran que “a instalación de áreas de servizo non supón ningún tipo de inversión por parte do Goberno de España, que só se ten que preocupar polos trámites de licitación”. A través das preguntas que dirixen formalmente ao Executivo piden, precisamente,  que “aclare que medidas pensa adoptar para axilizar os trámites pendentes que son de exclusiva competencia e responsabilidade estatal”.

O penúltimo tramo da autovía A-54 que conecta a cidade de Lugo coa de Santiago de Compostela abría recentemente ao tráfico, despois de moitos atrasos. E entre as moitas carencias desta nova autovía destaca a ausencia de áreas de servizo.

Os senadores do Partido Popular cren que é “unha circunstancia especialmente chamativa tendo en conta que xa existen proxectos interesados na súa promoción”. De feito, están previstas dúas áreas de servizo, unha a cada un dos sentidos da circulación, en torno ao quilómetro 38 desta vía nuns terreos xa reservados no termo municipal de Palas de Rei.

O proxecto para esta área de servizo, que data xa do ano 2016, prevé a construción de senllos complexos formados por unha gasolineira, una cafetería, un restaurante e un aparcamento para camións.

Comparte éste artículo
No hay comentarios