Coche en chamas na C-550 en Noia tras un choque

A parte frontal dun vehículo ardía esta tarde na estrada C-550, no Concello de Noia a raíz dun impacto entre dous turismos. Os bombeiros do parque Provincial de Boiro foron alertados e acudiron a sufocalo.

O incendio foi provocado por mor dun choque no que un dos coches impactaba por detrás ao outro. Aínda que o golpe foi leve, provocou que a parte do motor dun dos vehículos implicados comezase a arder facendo precisa a intervención de efectivos do corpo de bombeiros do parque Provincial de Boiro.

Cómpre destacar que non houbo danos persoais no lugar do incidente. Completou o operativo o GES de Noia, a Policía Local e a Garda Civil de Tráfico.

Foto. Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña

Comparte éste artículo
No hay comentarios